A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Caza tesouros

6 Comentarios

IMGP2848Adiante, sempre cara adiante. Pode que o camiño fora arduo, intricado e complexo, mais pagaba a pena dar un paso máis. Inda que fora feble coma as follas que nacían con coidado nesa primavera que se resistía en chegar.

Atopar tesouros requiría paciencia, sagacidade e seguridade. Non podía amedrentarse diante de calquera problema que xurdise no seu camiñar. Propuxérase chegar ó seu corazón inda que se atopaba no máis profundo da fraga. Quizais custodiado por seres máxicos ou por cousas máis banais, coma a néboa, pedras e buratos, que non deixaban de ser un atranco.

Non mirou atrás. O que quedaba ás súas costas axudaríalle a comprender cada peza do quebracabezas no que se convertera a súa procura. Porén, comprendía que deixarse engulir polo pasado era unha trampa máis.

Contáranlle que o ben máis prezado estaba nas pequenas cousas, nesas nas que moitas veces non se presta atención. Quizais nas pequenas queirogas. Ou na árbore que, obstinada, medraba entre a maleza. Nos pinchos dunha silveira, ou nos dun toxo? Se cadra no cuco que da por rematadas as neves. Talvez nos cantares de amor do lobo á lúa chea.

Quen sabe? Pode que os tesouros se atoparan entre as liñas que non se len dun relato. Ía a descubrilo. Atoparía a cova do lobo.

Advertisements

6 thoughts on “Caza tesouros

  1. Me ha gustado mucho!!! 🙂 Un besazo

  2. Que tenro escribes! Gústame o teu estilo, deixa unha sensación moi agradable no corpo. Espero máis agasallos coma este!
    Bicos de lagartija. (Son Alba, “cuasi do máster”)

  3. Lerte é transportarse… e quedarse a gusto, e cheirar e ver sen cheirar e sen ver… ¡Danos máis Andrea!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s