A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Unha moeda á auga

2 Comentarios

moedaagua– Pide un desexo.

– ¿Un só?

– Se toda a xente pedira máis, as ninfas da auga non darían feito, ¿non cres?

“Cos seus poderes máxicos seguro que si”, mirouno de esguello pouco convencido.

– Tes que visualizalo ben. Canto mellor o fagas máis posibilidades tes de que se cumpra.

– ¡Xa o sei!

Tirou a moeda cos ollos pechados tan fortemente que lle doían. Agarrado polo seu avó observaron como o desexo caía cun morno ¡plop! nas profundidades da fonte.

Anos máis tarde volveu. Non tódolos anhelos se poden facer realidade. Asomouse intentando adiviñar cal sería a súa moeda. Cando cría habela atopado, brillando agochada entre a lama, viu o reflexo dunha mirada azul coma o máis profundo ceo. Quizais, os imposibles si se poden acadar se sabemos miralos con outros ollos.

Advertisements

2 thoughts on “Unha moeda á auga

  1. Emocionoume moito!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s