A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A saída do bucle

2 Comentarios

raioentrefollasUn raio de sol acariñoulle a face. Aínda que a pel o sentía, a calor non era quen de superar esa barreira.

Entrara nun bucle de auto convencemento no que só a escuridade e o baleiro eran os seus amigos. Un xogo perigoso, xa que non soe deixar gañadores. Na súa mente baixaba as escaleiras en soidade. Ata que as sombras transformáronse en compañeiras de descenso. Camiñar cara o  inferno non é tan doado coma moitos pensan. O aire comeza a faltar e o corazón comprímese coma se o apertaran dentro dun puño. E a espiral crece ó ritmo do desalento.

Mais o sol insistía unha e outra vez. Acariñáballe a cara calorosamente, coma as cores do verán e do outono, mentres cada raio murmuraba palabras de ánimo e cariño de quen sempre estivera preto. Si. Quizais pagaba a pena sorrir a pesar de todo. E deixouse levar escaleiras arriba mentres os seus beizos formaban unha curva.

Advertisements

2 thoughts on “A saída do bucle

  1. Camiñar cara o inferno non é tan doado coma moitos pensan. O aire comeza a faltar e o corazón comprímese coma se o apertaran dentro dun puño. UAAAU!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s