A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Auga a domicilio

Deixar un comentario

augaembotelladaLeu o anuncio incrédula. ¿Auga a domicilio? ¿Cal? ¿A auga da billa? ¿A da choiva? ¿A das bágoas?

Por moi boa empresa distribuidora que fose, non estaba segura de que puideran levarlle un río, e moito menos embotellar un mar. Nin sequera un sentimento tan forte como para que chorase: nin de ledicia, nin de pesar, nin tan sequera de impotencia.

Quizais enxeñeiros, matemáticos, físicos e químicos inventaran unha máquina capaz de mover as nubes. ¡Ou crealas! Inda así a ela non lle facía falta. Vivía rodeada de ceos grises de inverno, choivas caprichosas de primavera, tormentas de verán e augas penosas de outono. Sen contar néboas, neves e saraibas dispersas. E tampouco que ela mesma era un ser feito en gran medida dela

Non. Definitivamente non quería que lle levasen a auga ó seu fogar. A parte da limpeza estaba cuberta, non tiña queixa da canalización. E a de calmar a sede tamén, auga ben fresquiña embotellada ou xirando unha chave. E non ía a negociar o prezo dos seus sentimentos ou os praceres dunha molleira ou dun baño núa nunha cala perdida entre as rochas.

Hai cousas ás que non se lles pode poñer un prezo. Colleu o anuncio e enviouno a reciclar á papeleira.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s