A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Sopa de letras

Deixar un comentario

sopadeletrasAí estaban, tan pequeniñas elas. Unhas gordechas, outras espigadas. Esparexidas polo ar, pola terra… coma se nada, coma se non importasen. Semellaban tan insignificantes ordenadas alfabeticamente. E sen embargo sabíanse tan fortes…

Para elas non existía o silencio, xa que tiñan o don de coarse en calquera recuncho, nos buratos máis imposibles da mente, dos soños… Sen facer diferenciación entre a banalidade e os asuntos máis importantes. Esparexíanse por todo o planeta e máis alá das estrelas. Ata chegaban a conterse. Xamais facían distinción. Ningunha: nin de clase, nin de xénero, idade, ou nación. Elas sempre estaban aí, dispostas a mesturarse para crear as diferenzas.

Capaces de provocar as tormentas máis fortes e ó mesmo tempo os arrolos máis mornos. Dispostas para ferir e curar. Para emocionar. Usadas e mal utilizadas. Empregadas para mentir, engaiolar, fantasiar, experimentar, loar… Son quen de chegar lonxe e de non avanzar máis que en círculos. De crear novos mundos, de dar voces ó que non existe e, ó mesmo tempo, ó que a realidade, por moi crúa que semelle.

Si, aí estaban. Tan poderosamente minúsculas.  Tan humildemente maiúsculas. Con elas todo e nada é posible. É máis, ¿que existiría sen elas?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s