A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A folerpa perdida

Deixar un comentario

nevemaioTarde. Chegaba tarde cal coello branco. Advertíranllo: “Fai demasiada calor. Este sol, por moi agochado que estea non anda con lerias”.

Mais ela, orgullosa estrela de xeo, estaba lista para caer. Pois, ¿cal era o mellor momento? ¿Novembro, xaneiro, marzo? ¿Quen o decidira por todas? ¿O vento? ¿O sol? ¿As nubes? Coas fermosas cores que tiña maio: tan brillantes, tan ledas… Ou iso dicía constantemente a choiva.

Levaba demasiado tempo agardando. Tanto, que non lle importaba que habería nin máis abaixo nin máis arriba. Así, cun suave vaivén deixouse ir, balanceándose xunto as súas irmás ante as miradas sorprendidas de quen, valente, paseaban esa fría mañá de primavera.

Entón viuna, balanceándose nunha fría carriola. Semellaba tan fráxil que en seguida sentiu ganas de acariciala. E voou cara a súa man aberta. Cando a bicou esvaeceuse, voando de novo cara as nubes. Mais foi unha sensación tan cálida, tan fermosa, que non se arrepentiu de deixarse caer un longo día de maio, aínda que fora por un instante tan pequeno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s