A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Portas

Deixar un comentario

portasÁbrea. Non teñas medo. ¿Por que dubidas? Si, xa o sei. Porque non sabes o que haberá ó outro lado. Mais non ten por que ser malo, ¿non é? ¿Por que non te arriscas?

Quizais te atopes cun mundo máxico que nin sequera apareceu xamais nos teus soños. Pode que haxa esa persoa que andabas agardando ou buscando. Ou as túas ilusións máis prezadas. Pode que haxa unha enorme escaleira que suba ata a estrela máis afastada. Ou un precipicio que caia e caia ata profundidades non intuídas.

Veña. A chave tela ti. Non deixes que unha porta te separe do que máis desexas. Si, non sabes o que hai. Seguramente moitas máis portas, camiños, encrucilladas, pontes, labirintos, xanelas, cancelas, vales, montañas, ríos, mares… Pasos que, un a un, farán o teu camiño. Veña, non estás s@, eu vou contigo aínda que non me vexas. Ti vas contigo se remexes no máis profundo de teu interior. Veña. Cruza e voa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s