A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A coleccionista de botóns

Deixar un comentario

botonsDende moi cativa era unha ladroa de botóns. Sentíase coma unha urraca á que lle atraían as formas, as cores e os brillos. Moitos anos tardara a súa nai en descubrir que era ela quen cortaba os botóns de camisas, vestidos, chaquetas…

Estaba convencida de que tiñan poderes máxicos. Algo tan fermoso ten que ser capaz de gardar as ilusións da xente. Por iso sentía que cando desprendía o botón do seu fío roubáballe un soño a esa persoa.

Logo gardábaos nunha caixiña que, cando estaba chea, agochaba baixo a sombra do vello castiñeiro que custodiaba a casa. Coma sempre daba moi boas castañas estaba convencida de que era porque se alimentaba non só de terra e auga, senón tamén de soños, a mellor comida de todas.

Por iso, vinte anos despois, seguía cazando botóns. Agora non os agochaba baixo a terra, senón que os amosaba, orgullosa, nos frascos de cristal que se esparexían pola súa casa. Como dicía ela, un fogar cargado de soños é un fogar libre.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s