A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Pensa en ti, se feliz por 99 euros

Deixar un comentario

caixadefelicidade– Noventa e nove euros. Ese é o prezo da felicidade. – Mirouna cun sorriso deses que din que van de orella a orella. Devolveullo desconfiada.

– ¿Noventa e nove? ¿Non din que a felicidade nin se paga nin se merca?

– Rumores. Murmurios. Palabras vacuas carentes de sentido, razón e xeito. Nesta caixiña pequena, que non ocupa lugar, atópanse todos os seus soños. ¿Para que están os cartos?

Fixou a vista nela, coma se así puidera atravesar as paredes da caixa finamente envolta con cores case máxicos. Atraentes…

– ¿Que contén exactamente?

– A ti… – O seu sorriso acrecentouse, dunha forma imposible, dándolle un aire tenebroso.– Tes que pensar en ti, ¿que máis da o resto? Non importan… Aí dentro está todo o que levas tanto tempo anhelando.

Achegou a man á caixa. Deslizou os dedos sobre ela, seguindo os estraños debuxos que a cubrían. A felicidade engaiolada entre seis paredes vermellas, laranxas… Quizais non era tan mala idea comprala. Total eran noventa e nove euros de nada. E estaba tan cansa de como lle ían as cousas ultimamente. Todo lle saíra ó revés. Non daba atopado satisfacción en nada e os problemas non facían máis que amontoarse coma as areas dun reloxo.

Sacou a carteira. E contou os cartos. Na primeira moeda viu as ceas coas amigas. No primeiro billete os paseos polo parque, pola praia, polo monte. Na segunda as apertas eternas. No seguinte os tesouros agochados baixo os sebes do xardín. As choivas de estrelas. As primeiras bolboretas da primavera. Os proxectos acabados e os recentemente comezados…

– Pensándoo mellor non me fai falla a súa caixa. Teño máis de noventa e nove razóns para ser feliz. Motivos creados en soidade e construídos en compañía.

E a caixa tornouse escura e triste mentres o vendedor esvaecíase ó ritmo do seu sorriso.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s