A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

O trevo de catro follas

Deixar un comentario

trevoMirouna desde o chan. Estaba rodeado por ducias de irmáns, pero quizais, se concentraba nela todos os seus pensamentos lograría chamar a súa atención. A tarefa non era doada. Sabía que non destacaba pola súa fermosura, nin polo seu brillo. A pesares dos seus debuxos trementes, os bichiños empeñáranse en morder as súas follas, rompendo o seu equilibrio circular. Mais sabía onde estaba o seu lugar. Así que verteu nela toda a súa enerxía.

Cando cría que pasaría sen velo, os seus ollos craváronse nel. Observou como mordía o beizo inferior. ¿Por que dubidaba? ¿Non se sentía merecedora dun vello trevo de catro follas? Pois non se ía a render, aínda que ela comezara a camiñar cara outro lado. Sería paciente, estaba convencido de que tornaría. Pero por se tiña a tentación de non facelo decidiu pedirlle axuda ao vento. Este, gustoso, remexeulle os cabelos á rapaza, envolvéndoa. Sentiu coma detiña os pasos e volvía sobre eles.

Axeonllouse. Notou como os dedos agarraban o seu tallo. Máis a soltouno man antes de cortalo. Dirixiu os pensamentos cara ela, atraéndoa máis e máis. Ata que, como se tivera medo a que quebrase, desprendeuno da terra gardándoo con coidado nun peto. O trevo suspirou aliviado. Irían xuntos a casa e colocaríao entre as follas da súa libreta. Porque só necesitaba un pouco de sorte e xa estaría máis preto da súa meta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s