A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Viaxe de ida e volta

1 comentario

viaxedeidaevolta

Subiuse ao tren. Collérao tantas veces que xa esquecera o seu número. Apoiou a cabeza no asento e, de esguello, observou o seu reflexo na ventá. Devolveulle unha mirada marcada polas olleiras. Pechounos e respirou lentamente, deixando que cada partícula de aire lle percorrese todo o corpo.

Pola súa mente paseaban os rostros de aqueles que deixaba atrás unha e outra vez. Sentía que estaba atrapada nun bucle de ola e adeus. “Pequenas despedidas que non por miúdas deixan de selo”. Con cada unha sentía que abandonaba un anaquiño dela mesma. Un pedaciño que, quizais, pasase a formar parte da xente á que quería. Ou iso lle gustaba pensar. E debía ser así porque en cada reencontro semellaba que a distancia se contraía en si mesma ata desaparecer.

Deixouse levar polo sono. O ritmo do tren balanceaba os seus soños, afastándoa lentamente da estación. Sorriu. Si, o tempo e o espazo non deixan de ser unha escusa baleira cando sentes á xente ao teu carón.

Advertisements

One thought on “Viaxe de ida e volta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s