A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Esperanza

Deixar un comentario

esperanzaDona Esperanza sentábase xunto a xanela. A súa face, que sempre se atopaba rindo, semellaba a cara da lúa chea. Os seus cabelos brancos falaban de anos de choiva e as súas engurras dun amor xa ido e dunha familia ás súas costas.

Tiña unha única e importante misión na vida: facer sorrir á xente. O traballo comezaba no barrio e íase estendendo a paso firme rúa abaixo, ata o parque e, incluso ao mercado. Combinaba esta tarefa coa de celestina, dando, entre acenos, consellos claros e concisos sobre como achegarse á persoa pola que un suspira. E se non había ningunha ela encargábase de buscala entre os veciños.

Saíra o sol ou a choiva sempre paseaba con andar seguro. Apoiada no paraugas ou na vasoira sempre tiña palabras doces.

E así, entre pinga e pinga, e varrido e varrido, dicía:

– Hai que rir!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s