A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A violinista de Ópera

Deixar un comentario

violinistaA xente envolvíaa. Uns sentados, outros de pé, mais todos tiñan postos a súa mirada nas mans que voaban sobre as cordas, no sorriso inocente que acompañaba a cada son, no brillo dos seus ollos cada vez que resgaba o violín. Engaiolados pola melodía, balanceábanse ao seu compás. Hipnotizados. Docemente, coma a suave brisa de xuño que remexía os seus cabelos.

Mais todo era un engano. Con cada nota que se escapaba do instrumento roubaba un sorriso, un soño, unha pluma das súas ás. Para moitos podería semellar algo insignificante, total só era un. Porén con eles construía a súa armadura, a súa máscara de ledicia.

Había tempo que deixara de tocar cancións tristes, escuras e frías como unha noite de inverno. Xa non se apoderaba de medos e pesadelos. Agora escollía as ilusións porque descubrira que as súas vidas estaban feitas delas. Mirábaos aos ollos cunha expresión aparentemente infantil. Era parte do seu feitizo. Seguiríana ata o fin do mundo con tal de que tocara unha canción máis. E non era capaz de entender por que. Non se decataba de que ao ritmo que ela lles roubaba parte de alma, entregáballes un anaco do seu corazón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s