A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

O sabor dun café

Deixar un comentario

cafeA néboa envolvía a estación coma se estivese cercada por un exército de pantasmas. O bafo dos viaxeiros competía co alento dun tren que agardaba coma se o tempo non existira para el. Antón observaba dende o bar como a xente, atoallada, intentaba converter os abrigos nunha coiraza capaz de protexela tanto do frío como dos seus propios medos.

Remexeu o café de vagar. Deixou que o seu calor lle quentase a alma. Pousou o vaso sobre a mesa e a súa mirada detívose sobre o billete que mercara xa había días. “Aínda queda tempo para que saia, incluso podo dar marcha atrás. Só teño que erguerme da cadeira, cruzar a porta e camiñar. Un paso tras outro”. Deu un sorbo intentando que o café o convencese de que subir a ese tren era a decisión adecuada. O que realmente quería.

Café solo. Escuro. Amargo. Igual que o que tomaba cada noite sentado nas escaleiras do xardín. O seus ollos perdéronse na fumegante negrura, mentres as sombras reflectían o rostro de Elisa, ata que as súas miradas se reencontraron. A única persoa coa que era capaz de compartir o silencio, aínda que supera a despedida.  Recordou a súa expresión cando lle dixo que se ía. Ata sentiu como a lúa os observaba de esguello, con reproche. Elisa sorriu a pesares de que o seu ollar se cubrira de esas nubes escuras que ameazan tormenta, que semellan que van a engulir todo o que rodean. Mais non deixou que se lle escapara nin unha soa bágoa. Antón rozoulle coa man a meixela, tan suavemente que poucos o sentirían. Porén era un roce que ía cargado de sentimentos. Levantouse. Ningún dos dous dixo adeus e saíu sen volver a vista atrás.

Camiñou sen rumbo polas rúas desertas ata que os seus pés, quizais guiados polas estrelas, levárono á estación de tren. “Eu son un viaxeiro”. Ela tiña que comprendelo, vagaba polo mundo cal pantasma. Non tiña raíces, so ás para viaxar dun lugar a outro. Atarse implicaba encariñarse. Mais no peito xa lle oprimía a súa ausencia. Non podía evitar soñar cada noite e cada día co mar, coas montañas. Con camiños de ferro, terra, asfalto que se perdían no horizonte. E, sen embargo, sempre volvía a ela. Sentíase enfeitizado. Sentouse nun banco da plataforma ata que as mans comezaron a tremerlle. Meteunas no peto e os seus dedos rozaron o billete. Si, tiña que fuxir antes de que fora tarde.

Porén aí estaba, con un café máis. Esquecera tanto o número que levaba bebido como as veces que cambiara o billete. Os medos murmurábanlle ao oído o temor a querer, a sentir. Tiña que escapar dela ou o nó que sabía que levaba tempo atándoos apertaríase máis e perdería a súa liberdade. Ou quizais a perdese a ela. Encariñarse leva consigo a posibilidade de sufrir cando a outra persoa deixe de estar. “Non, esperarame, sempre o fixo”. Deixou que a súa cabeza caera sobre as mans. Pechou os ollos. ¿En que momento decidir se convertera en algo tan complicado? As agullas do reloxo tradeaban a súa  mente con cada segundo que pasaba.

O tren chamou altivamente aos viaxeiros, mais Antón non se ergueu da cadeira, e cos ollos neboentos viu coma, outro máis, marchaba sen el, lentamente e decidido. Esperaría polo correcto. Aínda que unha parte del murmuraba, case berraba, que a mellor decisión era quedar e arriscar.

http://www.youtube.com/watch?v=D1-6j5wKF8U

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s