A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A fada de papel

Deixar un comentario

Debuxo realizado por Juan Carlos Zamora Tamayo,  para a performance con motivo do primeiro aniversario de Aire Centro de Arte.

Debuxo realizado por Juan Carlos Zamora Tamayo, para a performance con motivo do primeiro aniversario de Aire Centro de Arte.

O seu amor era imposible. Estaban condenados a vivir en mundos separados e imposibles de unir. Víraa entre as follas dun carballo, diluíndose coas sombras do amencer. O seu cabelo de ébano reflectía a luz das estrelas. A súa pel de leite brillaba coma as luces do solpor. Vestía finas ramas que semellaban pegarse a ela. Seguindo o contorno dos seus ombreiros, sobre as súas costas, descansaban dúas ás feitas de escamas verdes e azuis.

Coas primeiras luces do día semellaba fráxil, a piques de quebrar. Un espellismo. Xa que ao chegar a noite os seus ollos parecían absorber a intensidade da noite. E o seu sorriso vermello semellaba capaz de apoderarse de calquera alma. Nada máis vela deuse conta de que o seu sentir quedara irremediablemente ligado a ela.

Nas noites de lúa chea cabalgaba a lombos dun cabaliño do demo sobre as augas salvaxes dos ríos, deixándose aloumiñar só polo vento. E el só podía debuxala unha e outra vez. Incansable. Insaciable. Víaa nos seus soños e nos seus pesadelos. Sentíase atrapado pola súa mirada, negra e profunda. Por iso con cada liña dos seus debuxos intentaba atrapala. Cría que se a capturaba nos pregos do papel sempre sería súa. Mais esquecía que ela era un ser libre e máxico que nunca podería sobrevivir a unha gaiola.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s