A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A subida cara as estrelas

Deixar un comentario

escaleirasUn chanzo máis. Xa estaba sen folgos a pesares de ter todo o ar do universo para ela. Outro máis cara o ceo. Ao seu redor todo eran penumbras e sombras. Aínda non albiscara outra cousa que  escuridade. Pechou os ollos. Sentía frío e soidade. Outro paso.

Deixaba moito atrás. O que quería, amaba. Cos que ría e choraba. Non se quitaba da cabeza que era unha viaxe que debía facer soa. Sen embargo, sentía que no seu corazón durmido bailaban bolboretas que lle murmuraban palabras de cariño. Aloumiños que sempre levaría con ela. Botaríaos tanto de menos…

O seu reflexo esvaecérase nos primeiros chanzos. E a súa sombra estaba preto de seguir o seu exemplo. Pronto sería ela quen se disiparía como a néboa do amencer. Mais antes tiña que acadar as estrelas. Seguro que desde alí podería dicirlles que sempre estaría ao seu carón. Vixiaría cada soño, e viviría con eles cada realidade. Aínda que non a puideran ver. Para asegurarse de que a sentirían, decidira partir o corazón da súa alma en pequenos anaquiños que sempre coidarían daqueles cos que tardaría en encontrarse. Ou iso agardaba. Mentres, esperaríaos na face oculta da lúa. Agora tiña que subir outro banzo máis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s