A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Dubidosamente dubitativa

Deixar un comentario

outrocafeO espertador soou ás sete. Sabía que o tempo nunca lle chegaba a nada. Arrastrou os pés ao baño. Ao saír da ducha mirouse fixamente no espello. Hoxe o pelo solto. Non, mellor recollido que o sol decidira retornar e seguro que facía calor. Cuberta cunha toalla foi a enfrontarse ao armario. Abriuno de par en par. Ducias de perchas agardaban o seu veredicto. “Non teño roupa”. Mordeu o beizo inferior. Colleu a percha dos pantalóns. Volveu a colocala no seu sitio. “Mellor de vestido”. Mirou o reloxo. “¡Merda! As oito en media e aínda non almorcei.”

Baixou correndo as escaleiras e saíu da casa. “Será mellor que colla o bus”. Aínda que podía tardar. O tráfico a esas horas era calquera cousa menos fluído. “E seguro que irá cheo. Mellor vou camiñando e así collo un café”. Mais, ¿cal era o mellor camiño? Podía ir polo parque. Así atallaría e como non habería moita xente podería perderse nos seus pensamentos sen temor a chocar con algunha. Pero non pasaría pola súa cafetería favorita. “E está tan bo o seu café…” Decidiu ir polo centro.

A espuma do leite manchoulle o beizo superior. A súa lingua, lambona, limpouno. Sorriu ao aire. Sen embargo devolveulla o rapaz que camiñaba ao seu carón, que entrou tras ela despois de abrirlle a porta. “Puntual coma sempre. Algún día terei que dicirlle algo, mais, ¿que? Seguro que pensa que son parva”. Ademais cada vez que o cruzaba as palabras atoábanselle na gorxa.

“¡Ai Saleta! Xa estás outra vez dándolle voltas e voltas aos pensamentos. Non fas máis que marealos.” E firmemente dubitativa decidiu falarlle na hora da comida. “O peor que me pode pasar é que me espete un non”. Tragou saliva e dirixiu a súa concentración ao traballo, sempre tan ben resolto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s