A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

As pegadas agochadas

2 Comentarios

pegadaspraiaDin que o mar borra as pegadas con cada lambido que dan as súas ondas. Mais en realidade róubaas, escóndeas e gárdaas para que non se perdan. Porque cada unha delas agocha algo de quen a deixou, con forza ou timidamente, esquecida na beira do mar.

Unhas gardan medos, outras preocupación. Outras soños, ilusións. Baleiros que necesitan ser cubertos polos murmurios da auga. Silencios que precisan ser apagados cos aloumiños das mareas.

Si, o mar quítaas dos areais para logo, cando os ceos choran, poder cubrirnos cos sentimentos que críamos ter esquecidos. Mais só están ocultos no corazón dunha buguina, por iso elas murmuran os segredos do mar.

Advertisements

2 thoughts on “As pegadas agochadas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s