A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Pantasmas da soidade

Deixar un comentario

lucesPediu axuda. Non a berros, se non coa mirada, con murmurios que a penas se escoitaban. Con bágoas silenciosas que se mesturaban coas pingas invisibles da néboa. Quizais ese fóra o erro: non dicir o que sentía sen máis.

Aínda así era unha pantasma, e os espíritos non se ven. Séntense de cando en vez, pero máis nada. Un calafrío, un roce, unha vela que treme cando non corre o ar, unha sombra que se oculta entre a penumbra, un reflexo nun charco e pouco máis. Os vivos sempre evitan a mirada dos mortos. Si, pode que inconscientemente, mais sempre apartan os ollos.

Dende que se esvaecera sentíase soa. A súa única compañía era a brisa das noites, a brétema das mañás e a choiva do solpor. Pero elas non podían facer nada por axudala. Só observar como vagaba con pena entre a xente, perdida entre os segundos que marcan, impasibles, as agullas dos seus reloxos.

Estaba atrapada ao outro lado do espello. Recollía suspiros, promesas lanzadas ao ar, palabras esquecidas, risas e saloucos. Con eles tecía teas de arañas coas que cazar soños e así, nas noites de lúa nova, deixar de sentir que estaba soa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s