A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Burato negro

Deixar un comentario

buratobrancoSentía como as agullas do espertador tradeábanlle a cabeza. Deitada na cama miraba cara o teito sen ver realmente nada. Os pensamentos voaban pola mente, mais non lle apetecía poñerlles orde. Semellaban un enxame ansioso por atopar unha colmea, pero ela, polo momento, non lla ía dar. Non tiña forzas para colocar cada sentimento no seu caixón, cada pensamento nun estante. Que máis daba?

Xirouse cara a fiestra. As sabas escorréronselle deixando ao descuberto as súas costas. Non se volveu tapar. Non sentía o frío da noite que acariñaba a súa pel núa. Non lle importaba, como tampouco que a almofada caera. Xa a recollería. Ou non. Pechou os ollos, mais a luz do farol traspasaba o vidro, as cortinas e as súas pálpebras. Abriunos e deixou que a cor laranxa inundase a súa cabeza. Pero non sentía a súa calor.

Sabía que alá na escuridade do universo a lúa vixiaba. As estrelas xogaban a crear formas competindo coas nubes. Abaixo, na terra, uns sorrían cos soños, outros estremecíanse polos pesadelos. Había quen bailaba baixo o ceo, quen se namoraba e quen quebraba. Que había ollos que non se despegaban da película, das liñas do libro, do ordenador. Ouvidos que seguían atentamente á locutora da radio, a súa canción favorita, os contos lidos antes de durmir, promesas eternas. Quen observaba por primeira vez a noite, e quen se mergullaba nela para sempre. Ata seguramente, houbera unha persoa que, coma ela, non vía o que había trala luz da rúa. Mais nada diso lle importaba.

Por non ter, nin tiña ganas de pechar os ollos. Ata que finalmente o sono, murmurándolle o balar das ovellas, logrou que quedase durmida. Mais resistíase a soñar, igual que a rir e a chorar, mentres o furado negro no que se convertera o seu corazón seguía medrando sen control.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s