A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

As derradeiras badaladas

Deixar un comentario

igrexaTon tin-tin tooon. As campás soaban con pesadume. Ton tin-tin tooon.  Ante a súa voz todo se tornaba murmurio ou silencio. Ton tin-tin tooon. Dise que a morte non ten présa, que pasa de vagar. Ton tin-tin tooon.  Ata as nubes sombrías de agosto viaxaban ao seu compás.

Ton tin-tin tooon. As flores lucían as súas cores nas últimas horas do día. Ton tin-tin tooon.   Unhas bágoas presas, outras silenciosas, mais todas colábanse polas pedras, polas fendas,  da igrexa.

Ton tin-tin tooon.  Entre as miradas pesarosas atopou unha que sorría. Ton tin-tin tooon.  Unha vez pedícheme que non te esquecera. Ton tin-tin tooon. Quizais non cumprín a promesa como agardabas. Ton tin-tin tooon.  Pode que non te esperara como desexabas. Ton tin-tin tooon. Mais agora estou aquí.

Talán talán talán talán… As amizades de verdade non entenden de tempo, nin espazo, nin realidade. Talán talán talán talán… E ambos subiron as escaleiras do campanario e perdéronse entre a tormenta de verán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s