A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A deseñadora de pontes

Deixar un comentario

 

ponteSempre tivera afección ás pontes. Un pracer que case acariñaba a obsesión. Gustábanlle porque o máis profundo do seu ser murmuráballe que sempre unían, nunca separaban. Sabía que cruzar as augas non era tarefa doada, e menos cando as mareas xogaban coa lúa ou os ríos debuxaban remuíños capaces de roubar espíritos.

Xa de nena soñábaas e vivíaas. Sempre sólidas. Era igual que fosen de madeira, ferro ou formigón. Que se balanceasen a cada paso sobre a auga ou se mantivesen ríxidas sobre a terra. Para ela o importante era que achegaran ao querido, desexado, anhelado, estrañado.

Marianela era moi consciente de que a mellor forma de facer dano era destruír as pontes, porque sabía que ían máis aló de algo físico. Por iso, para que realmente funcionasen tiñan que ter algo máis. Algo máxico, emocional. Así cando estendía os seus planos nas mesas dos seus compañeiros de traballo, baixo o sorriso, os seus beizos musitaban feitizos que sempre as manterían a salvo. Porque o segredo que ocultaban as súas pontes era a paixón. O fervor que espertaba cruzalas, ben pola atracción, ben polo rexeitamento, do que había ao outro lado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s