A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A chamada da Lúa

Deixar un comentario

luacheaSentíase coma unha bolboreta nocturna. Un insecto atraído pola luz brillante da Lúa chea. Quizais se estendía as súas quebradizas ás lograra achegarse a ela sen queimarse. Aínda que a vía tan distante…

Porén,  a Lúa, caprichosa, orgullosa, murmuráballe con frialdade de día e con ardor ás noites. E coas verbas que se levaba o vento chegáballe. Impulsaban as súas grises ás, facéndolle posible calquera horizonte imposible.

Soñando, suspirando, gustáballe observala dende o farol que non era máis ca un pobre  substituto. Aínda que lle daba calor e seguridade e xa lle collera certo cariño. Mais non era o que realmente quería. Desexaba voar lonxe, lonxe, aínda que ardera no intento cría que pagaba a pena.

Non podía evitar apreciar todas as súas faces, ata a máis escura, ou a que non lle ensinaba a ninguén. Facíana máis próxima. Coma se en calquera momento puidera achegarse á Lúa e facerlle un mimo. Si, quería voar xunto a ela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s