A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Era a miña amiga

Deixar un comentario

árboresSempre estivera alí. Dende a creación do mundo, polo menos do seu. Escalara ata a póla máis alta, escondera tesouros entre as súas raíces. Durmira aos seus pés e intentara voar dende ela coma os paxaros que se escondían entre as follas. Cos amigos construíra unha cabana nas alturas que se levou a primeira treboada do outono. Colgara o bambán onde deu o seu primeiro bico. Tocara a guitarra amparado pola súa sombra, e lera ducias de libros coas pernas mexéndose no ar…

Sen embargo, esa enorme árbore que se erguía, impasible ao paso de tempo, xa non estaba. Arrebatáranlla ás agachadas, cando sabían que non estaría para queixarse, que non podería atarse ao seu tronco protexéndoa co seu corpo.

Dixéranlle que molestaba, que non pegaba co aire de modernización que chegara á vila. “Coma se fose un xersei pasado de moda”, pensaba mentres os miraba cunha mestura de rancor e vinganza. A cousa non ía quedar así coma que se chamaba Antonio.

Así, unha noite de lúa chea, espertou ao seu neto e ambos partiron cunha pa na man. Ao día seguinte un pequeno castiñeiro aferrábase con forza ao chan ante o sorriso, cómplice, da veciñanza, que non lle quitaba ollo de enriba, como se fose un neno ao que, pasase o que pasase, había que protexer.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s