A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Sentinelas

Deixar un comentario

arboresCoñecéranse por culpa de todas esas pequenas casualidades que fan que dous seres rematen exactamente no mesmo lugar, no mesmo momento. Pasados os anos, decataríanse de que era unha situación da que non poderían fuxir a non ser que alguén os arrincase de alí.

Levaban tantos anos xuntos, aí, un ao carón do outro, que esqueceran cantos. Pero para eles non importaba, o tempo non era nada máis que a suave rutina que lle cambiaba de cor ás súas follas.

Pouco a pouco, aguantando choivas, ventos e o morno cariño do sol, as súas raíces fóronse enredando, ao igual que as súas pólas, empeñados en desentrañar os segredos da terra ao tempo que lle facían cóxegas ao ceo. Tan enmarañados estaban que xa non podían dicir de cal dos dous era o zume que percorría as súas veas.

Foran gardiáns dos espíritos que vagaban polo cemiterio, suspirando recordos o soidades. E agora , que o mundo dos mortos dera paso ao dos vivos, resgardaban a quen buscaba o seu amparo. Non facían distincións, a súa sombra estendíase ata os seus corazóns coma se fose unha suave manta de lá. Sempre sería así…Sentinelas das emocións perdidas e achadas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s