A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Direicho cun café

Deixar un comentario

ImagenSamuel tiña unha máquina moi especial. Para os ollos incapaces de ver máis alá do puramente real, podería pasar por unha simple cafeteira. Mais na súa vida nada era casual e, moito menos, sinxelo. Sempre mergullado nun mar de pensamentos preocupáballe chegar demasiado cedo ou demasiado tarde ao seu destino.

Enfrontarse a situacións complexas ou que lle daban medo sempre o poñía nun estado de alerta, coma se miles de voces se empurrasen, buliciosas, no seu interior intentando convencelo de que a mellor opción era a súa.  O estado complicábase cando ningunha delas semellaba a correcta.

Sabía que non podería deixala ir. Tíñase que enfrontar a ela. “E se…? “ Ese era o primeiro pensamento en chegar sempre. Entón non lle quedaba outra que recorrer á súa maquina, que convertía calquera momento en idóneo. Era abrila e toda a esencia da súa existencia, da dela, mesturábase coa do café. “Non preguntes se non estás seguro de poder asimilar calquera resposta que xurda”.

Prendeu a cociña. Sentía a auga burbullar igual que o facía cada molécula do seu ser.  O problema era que a pregunta lle impoñía tanto ou máis que a resposta. Observouna de esguello. Aí, sentada, mirando a unha nada que se estendía na súa realidade. Semellaba de dura pedra, pero el sabía que en realidade era de barro cocido baixo o lento lume das inseguridades. A cafeteira chamou por el. Espertou. Si, ese era o momento. Tódalas voces interiores calaron en tensión.

A súa mirada interrogouno mentres un lixeiro sorriso escrutaba cada un dos seus movementos. Sentou ao seu carón e tendeulle a cunca.

– Direicho cun café.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s