A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Nube gris

Deixar un comentario

nubesSentíase coma un ser anubrado. Quizais por iso, á súa porta, día tras día agardábaa unha nube agrisada que sempre ameazaba choiva. Porén ninguén podía vela máis ca ela. Fixera frío ou calor, pousaba un pé na rúa e aí estaba.

Vagaban xuntas polos camiños. Cada vez que alguén lle contaba as súas dores, penas, pesares e tristezas, estas ascendían vaporosas ata ser engulidas. Sen embargo, pinga a pinga, malia tar nas alturas convertérase nunha dura e esponxosa carga. Ela tamén precisaba da luz do sol, dun raio aínda que fose pequeno. Mais a nube, teimuda, negáballo.

Agora ben, atopara o xeito de zafarse dela. Entre suspiro e suspiro, paso e paso, bágoa e bágoa, procuraba sensacións diminutas e ledas. Collíaas con coidado, consciente da súa fraxilidade, e ás agochadas, para que a súa escura amiga non se decatara. Non llas fora roubar e levalas lonxe, ao ceo, onde non puidera velas nunca máis. Ao chegar a casa ceibábaas. Así, no seu fogar sempre facía calor, ao igual que no seu corazón, aínda que non fora quen de mostrarllo a ninguén do exterior.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s