A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

O croar da ra

Deixar un comentario

princesaDecidiu empezar o ano pisando forte.  Non con eses zapatos de alto tacón que marcan con dureza o paso e as curvas das sombras, senón coas botas cómodas de saltar charcos de estrelas ata que a lama chega ao cabelo.

Vería o mundo ao revés, agarrada coas pernas á escaleira do tobogán, sentindo o ceo baixo os pés. E voaría alto, moi alto, na carriola na que decidiu volver a infancia. Que atrás quedaban eses tempos!

Tiraría coas botas para  sentir o mundo e deixar a súa pegada en praias de herba e prados de fina area.  Deixaría que a choiva esvarase polo seu cabelo ata desfacer os seus rizos, mollándoa capa por capa. Riríase con ela e miraría con pesar a quen apurara o paso para fuxir dela.

Deixaría de ser unha princesa. Ela sería unha ra que salta de charca en charca cantándolle ás lúas de inverno. Gardaría os segredos que agochan os suspiros do verán e vería cada día pasar coma se fose o primeiro, pois sabía que non volvería a el xamais.

Si, comezaría o ano con forza, pois empezaríao soñando quimeras que se volvería reais con só pedirlle o desexo correcto a un dente de león

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s