A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Regalareiche o inverno

Deixar un comentario

pegadananeveA Raíña das Neves observaba a terra dende o seu mundo de xeo e cristal, sempre envolto na máis densas das néboas. Alí, nas alturas, de cando en vez sentíase sola pois a ninguén semellaba gustarlle o inverno. E ela non entendía por que. Ata que, entre suspiros de bafo, decidiu pedirlle axuda ao seu frío amigo o Vento do Norte.

– Quizais é que ninguén me comprende ou que esqueceron que ata o xeo agocha calor. Aínda que…

Inda que nunca o demostrara, que o ocultara baixo ducias de mantos de la, aí estaba. Pero ninguén se atrevía a subir ata ela e a Raíña non podía baixar.

– Decidín murmurarche unha mensaxe para que a leves contigo, que acariñe as fazulas mornas, que caia en cada pinga que deixe o teu exército de nubes, que vaia nas arestas das folerpas.

O Vento abrazouna e as súas palabras quedaron cravadas nel:

“Aquí, no cumio do mundo, podo acariñar as máis brillantes das estrelas, esas que gardan tantos soños e promesas por cumprir.  Navego por mares de néboa que ocultan a terra do ceo, facendo posible o imposible. Teño o poder de que cada bágoa, de tristeza ou de ledicia, chegue aos recunchos máis insospeitados, dando o don da vida. Vida que atrapo baixo figuriñas de cristal mentres agardan o seu espertar, o renacer do seu letargo. Volvo a nenez, ceibe, sen ataduras que me impidan saltar nos charcos desfacendo e facendo unha e outra vez o meu reflexo. E, ao caer a escuridade, deixo aos meus calcetíns de cores secar xunto a cheminea que crepita lembranzas, mentres tezo bufandas de la coa esperanza de que cada punto se converta nunha mirada, nun sorriso… para cando esteas ao meu carón.”

Deixou que o Nordés se levara unha gran parte dela. Mágoa que unha parte do equilibrio das estacións dependera dela, senón non agardaría, iría ela mesma na busca de ese alguén descoñecido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s