A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Tres

Deixar un comentario

Con tres segundos bastaría. Non preciso máis. Tres. Suficientes para acadar a eternidade porque, medírona algunha vez? Dubídoo moito… Aínda que neste mundo de présa e ansiedade tampouco tería moito sentido. Porén está aí, ao alcance dos que non temen correr o risco de intentar, de ser, de… De deixarse levar polas correntes de ar das emocións. Estou convencida de que bastaría unha aperta de tres segundos e o tempo viraría ata diluírmonos nel.

Un. Para que non esqueceras que estou aí. Para que sintas os meus brazos abrigándote como unha segunda pel. Pel que aloumiña cada un dos latexos dun corazón que esqueceu como voar, e que arrastra as plumas como se fosen elos dunha cadea.

Dous. Para notar as túas mans nas miñas costas coma dúas ás coas que viaxar alto, alén da lúa, ceibes coma aves nocturnas que non temen ás sombras porque son donas delas. Paxaros que bisban madrugadas de treboadas.

Tres. Para tatuármonos no máis profundo do noso ser que pase o que pase estaremos aí. Eu para ti, ti para min. Sen explicacións, sen escusas. Sen palabras. Sen precisar do espazo nin do tempo, porque ao contar ata tres, creme, confía, seremos eternos.

Pecha os ollos. Un. Abrazareite con firmeza. Dous. Soñaremos espertos. Tres…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s