A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

O entrosoño do Inverno

Deixar un comentario

Iprimaveranda non fora durmir. A Dama de Verde agardaba, pero ela, a Raíña das Neves, aínda non perdera a esperanza. Outro inverno máis que se resistía a partir… No val sabían que ata que a Dama Branca se rendise, as súas bágoas non se transformarían na suave choiva que marca o comezo da primavera.

O sol insistía, pero a Raíña sentía que estaba preto, que chegaría antes de que ela se fose a descansar. Só tiña que esperar un pouco máis. O tempo, que camiñaba implacable, sempre se rira delas, de todas, das catro estacións. Pero esquencía que sabían ser pacientes. E xogar coa Natureza.

A Dama de Verde sentía a ansiedade de súa irmá, os seus suspiros de xeo facían tremer a súa pel. Ás veces temía que deixara o seu trono de cristal e baixara na súa tola busca. Pero habituáranse tanto ás súas cadeas da responsabilidade que case daba por sentado que non as romperían.

De continuares así non podería permitirlles as árbores espertar. Mirou ao sol que intentaba con forza coarse entre as densas nubes. Tería que ir calmala ou acontecería o do ano pasado. Agardou á fría noite. Cando sentiu a xélida voz da Raíña murmurarlle ás estrelas, subiu ao cumio con andar decidido, protexida por un manto de suave vento do sur.

A Raíña das Neves non tardou en sentir como a calor a envolvía. Xirouse.

–  Non agardaba verte…

–  Queres alargarte este ano tamén? Ata cando vas agardar?

–  A min tamén me gustaría sabelo… – Baixou a mirada ao chan mentres unha pinga xeaba sobre a súa fazula.

A Dama de Verde subía poucas veces á montaña, pero nunca antes a vira así. Tras esa imaxe de dura frialdade agochábanse demasiadas cores descoñecidas.

– Fagamos un trato.- A Raíña observouna con curiosidade. – Regalareiche as pequenas flores brancas que, coma folerpas de primavera, medran nas miñas árbores. Así poderás agardar un pouco máis. Se quen pensas está por vir entenderaas, e esperará por ti mentres te busca entre as estrelas.

A Raíña asentiu e unha ardente bágoa baixou polas meixelas mentres a neve, pouco a pouco, se volvía río. A Dama de Verde volveu ao val. Ao seu paso os brotes saían con calma, mentres a fraga se envolvía en diminutos pétalos brancos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s