A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Cantas formas hai de voar?

Deixar un comentario

bruxaaorevesCantas formas hai de voar? Cal é a mellor? Quen decide cal é a correcta? Non me importa. Podo ter o mundo baixo os meus pés ou baixo a miña cabeza. Ao final é unha cuestión de equilibrio, de perspectiva, de autocontrol.

Eu soa construín a miña vasoira, porén ás veces dame a sensación de que está colgada dun fío que non vexo, que me ata a ningures… Aínda así sinto que voo. Mais pódese voar prendida? Ao mellor as ás non están fóra, senón dentro. Pero se non teño ás! Non as preciso.

O meu vestido de bailarina permítme danzar entre as estrelas, de nube en nube, acompañada dos morcegos, mentres os gatos cantan a unha lúa que pouco a pouco adormece.

Sigo voando e voando. Os meus cabelos teñen vida propia e xogan cos refachos de ar que se colan entre os meus rizos. Hai quen me advirte que vou caer, pero eu só sorrío, recoñezo que con certa malicia, porque non saben nada. Quen non arrisca non voa.

Mais incluso voar pódese transformar en algo estático. Si, podería ir sentada firmemente sobre o pau, gañaría estabilidade pero perdería emoción. Que é un corazón sen saltos? Cando solto as miñas mans, e as deixo caer seguidas por o meu corpo todo perde sentido. Ou gáñao. Quizais cobra o significado dos sopros que levan os desexos máis ardentes.

Ás veces creo que o único que me ata á realidade é a miña sombra, sempre silandeira, que nunca me solta.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s