A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A Cidade do Vento

Deixar un comentario

arborevento

Na cidade do vento todo é efémero. Todo acontece tan rápido coma un refacho de ar salvaxe. Alí as emocións son doces coma unha brisa na beira do mar, ou apaixonadas coma un trebón demoledor.

Na cidade do vento non hai esperas, todo ocorre de seguido, coma se non houbera un segundo que perder, porque na cidade do vento non existe o tempo. Todo sucede no momento exacto, de xeito caótico, arrastrando follas e verbas sen distinción agardando que cheguen a porto seguro. Ou polo menos que non se enreden en demasía entre as pólas das árbores que comezan a espertar.

Na cidade do vento loitan lembranzas e emocións nunha batalla que ninguén gana. Pero tampouco ninguén perde. Os cabelos enrédanse en promesas por cumplir, en tratos descofiados.

Na cidade do vento todo é nada e nada é todo. Todo pasa, e todo queda suspendido dos refachos nos que os globos escapulen con mensaxes ocultas. Na cidade do vento a única opción e voar, ceibe, deixando que cada aireada se cole entre as plumas, facendo cóxegas, esquivando risos e suspiros. Maldicións e desexos. Ledicias e lamentos. Na cidade do vento todo conflúe nas ás transparentes dos cabaliños do demo.

Na cidade do vento todo é como é. Sen máis. Sen menos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s