A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Alén dunha porta pechada

Deixar un comentario

Puerta

“Puerta”, de José Fernández Conde. Fotografía da exposición “Puertas”, en Aire Centro de Arte

Ante ela, cinco portas alzábanse altivas, frías, impoñentes, imperturbabeis … Cinco portas orgullosas de provocarlle ese estado de desacougo e frustración. Mirábana con ollos baleiros e, inda así, cargaban sobre ela esixencias e présas. E máis présas.

Candela sentou no chan, coa columna ben ergueita, disposta a non deixarse amedrentar. Pero elas seguían a observala con petulancia. Sentíanse co control da situación. E malia que Candela procuraba manter a calma, nun orgulloso e vacuo intento de amosarse fría, as portas sabían que tiñan parte da batalla gañada.

Só pola situación en si. Rodeada de decisións que a superaban, Candela viu como cada unha das sombras que sempre a acompañaban arrastrábanse cara as portas. Amolábanlle demasiado as decisións. Non. En realidade molestábanlle as consecuencias da decisións.

Soltou o cabelo e púxose a xogar coa goma nun van intento de gañar tempo, de agocharse baixo unha maraña de pelo. Máis tempo… Para que? Non o tiña moi claro. Podería dilatar a escolla toda unha existencia, pero as portas seguirían aí inmutabeis. Escondida… De quen? De si mesma? Delas? Si, aí continuarían, ríndose dela e da súa indecisión. Non irían a ningures por máis pequena que ela se volvera.

Non, non podía consentírllelo. Fixo un moño revolto e con forzada firmeza encamiñouse á porta que tiña diante dela. Sentía como sorría con sorna. Dándolle a razón, apartou a man antes de chegar a poñela no picaporte. “E se…” Baixou a mirada avergoñada.

Deu un paso cara atrás e sentiu o ar victorioso da porta. Candela apertou as mans coma se fosen as culpabeis das súas dúbidas. Estivera tan preto… “Non, non era esa”. Outro paso cara atrás e as súas costas tropezaron con unha das portas. Acariñou o frío ferro con coidado ata que as xemas rozaron o manubrio pasando de largo. Volveu sentirse derrotada. Pero había algo que facía que repelera esa opción.

Non, non estaba nada preto de conseguilo. En realidade estaba tan lonxe… Tan lonxe dela coma desas portas. “Descartaches dúas… Non é tan terrible, non? Ou pensabas acertar á primeira?” Deixouse caer. Só precisaba parar un segundo. Liberar a súa cabeza ao tempo que as sombras dos seus medos decidían con cal das portas se sentían máis a gusto. Por que tiña que apurar?

As portas alzábanse insolentes. Candela comezou a contar para si, pero non daba saído do un. Así non iría a ningures. Quizais se llo deixaba á sorte… Nunha sorprendente volta á infancia púxose a cantar mentres o seu dedo sinalaba, ao final de cada verso, cada unha das tres portas restantes. Ata que a canción rematou. Sen apartar a mirada achegouse. Pero só puido pousar a súa fronte nela. Non, ela non era así, non lle gustaba deixar as cousas ao azar…

Quedaban dúas. Cruzar implicaría non retornar. Aínda que no fondo sabía que atrás nada tiña que pagara a pena. Podería quedar aí. Habitación coñecida. Habitación que sabía que máis cedo que tarde a afogaría.

Unha porta branca. Unha porta negra. E entre as dúas, ela.  A súa mirada vagaba dunha á outra. Non sabía o que se atoparía tras delas, só que ao outro lado todo cambiaría. Deu un paso cara a branca. Seguro que sería algo mellor. Outro paso. E se non o era? Púxose a xogar cos dedos mentres avanzaba.

Tiña moito que perder. Pero tamén era moito o que podería gañar… As sombras volveron a ela. E, sorrindo atravesou a porta negra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s