A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Silencios da pel

Deixar un comentario

man de invernoMorro, pero non como o resto dos mortais coma min cren que unha deba morrer. Si, tal e como contan as lendas, o frío cóase no meu corpo a través das miñas mans que, cada día que pasa, adquiren un ton máis lánguido. Un violeta que se estende con parsimonia pola miña pel.

Lembro o momento no que me decatei que morría. O corazón andaba acelerado, cando normalmente está máis que tranquilo. Apagado diría eu. E o tempo semellaba bulir coas mesmas présas, aínda que todo ao meu redor parecía indiferente a este acontecemento.

Era un día de primavera, deses que semellan verán, pero aínda que o sol o intentaba con insistencia, os seus aloumiños non era capaces de ir máis aló dunha intuición. Sentei nunha terraza coa fervente intención de conseguir que os raios lograsen tocar a miña pel. Van intento.

O sol xa non me vía, como tampouco o facía ninguén ao meu redor. Pequena, insignificante. Invisible. Carente de importancia. A miña voz, convencida de que non sería escoitada, negábase a saír da miña gorxa.

Agora a néboa apoderouse do tictac dos últimos segundos da miña vida. Quen sabe cantos serán… Mentres, vago entre as pingas ata que a miña mirada cae nos charcos nos que o meu reflexo esvaece. Obsérvome con pesar. Entón non podo evitar preguntarme se cando me vaia alguén se lembrará de min. Se alguén me estrañará. Mais cando a miña imaxe se dilúe definitivamente na auga desboto tal pensamento. Total, que máis ten! Hai cousas que é mellor non preguntarse.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s