A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

E o tempo buliu…

Deixar un comentario

E hoxe fixo un ano… Hai 365 días que toleei, rachei con todo, coa vella Migomesma. Tras esnaquizala en centos de cristais cortantes volvín baixar á Cova do Lobo. Malia todo, a pesares dos medos e das sombras, agardara por min. Por nós, por esa manada de lobas que axexan na luz e na escuridade.

Hai 12 meses descendín ás profundidades. Era, é o meu labirinto. Quen entre nel pode que se atope. Ou que se perda. Pero agardo que polo menos non lle sexa, lle fora, indiferente. Eu aí sigo, vagando polos seus corredores, escudriñando cada recuncho ata que non exista ningún acocho para min. Nin para ti.

Hai un ano reteite a descubrir os tesouros que a caverna agocha. Pedinche que miraras aos ollos dos cánidos que os gardan. A miña intención era que o fixeras sen medo, pero co paso do tempo decateime de que ata eu lles temo ás miñas Cérberas. Aínda que son máis dóciles do que semellan, só precisan ser comprendidas e aceptadas.

Por iso, a ti, que te mergullaches na miña cova, pídoche que non me deixes. Non nos deixes. E que polo menos poidas achar tesouros un ano máis… Grazas por vir. Por ser. Por estar. Por comprender…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s