A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Vendo o tempo pasar…

Deixar un comentario

Poema nas rúas de Santiago de Compostela.

Poema nas rúas de Santiago de Compostela, pegado durante a celebración do Día das Letras Galegas.

… Sabes que é veleno. Mais veleno tan doce… deses que quedan pegados nos beizos e que, con coidado, saboreando, gozando, apartas sen disimulo coa punta da lingua.

Mentres, os demais pasan diante túa, coma se eles foran as pantasmas que deambulan polas rúas brillantes dos días soleados. Brillos que se tornan branco e negro ao contacto coa túa pel.

Aí, pousada no arame, agardas transformarte en carrete. En instante. En ollada. Preguntácheste tantas veces como sería a mirada que te observa que esqueciches a túa. Ou quizais quedou presa, coma un anaco de alma, na foto na que te convertiches sen decatarte.

Pero lembra que as imaxes só poden ver pasar a vida durante toda a eternidade, a non ser que o tempo, celoso, as leve con el roubándolles as cores ata deixalas baleiras. Non poden participar no día a día.

Zarandéaste inqueda na corda empurrada por un vento de cambio que non cesa. Volverse de novo un negativo podería non ser mala opción, pero retroceder non implica ser quen de mudar o acontecido, nin sequera ter un maior control da situación.

Quizais deberías deixar de ser un alma conxelada e, envelenada coa esencia da transformación, tomar presenza do teu ser. Do teu estar. Do teu sentir…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s