A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Os longos brazos de Medea

Deixar un comentario

MedeaSen decatarse convertérase nunha Medea derrotada. Non sabía cando nin como perdera as forzas, mais sentíase cansa de tanta loita sen froito algún. Había tempo que non lle pasaba: un buraco negro tragaba todas as razóns polas que algunha vez tiña pelexado.

Agora todo tornárase nunha enorme e incontrolada trangallada. Intentar dar tanto de si e poñer todas as súas artes ao servizo dos demais só dera como resultado que esquecera o que era loitar por unha mesma. E de aí a perderse só hai un insignificante paso.

Facerse a si mesma non fora un camiño doado e nese momento todo semellaba terse quebrado en anaquiños. Tivera moi claro a onde quería chegar e o que quería facer. Tragara coas consecuencias porque cría que pagaría a pena. Agora só era tachada de portadora de penurias.

Estivera cega, creara tantas realidades na súa cabeza que ao final o mundo cubrírase dun denso manto de néboa. E dende aí todo fora fuxir. Unha eterna escapada cara diante que non sabía cando remataría. Aínda que temía que o final estaba preto pois sentíase demasiado cansa para seguir loitando sen saber por que.

Arrastrando os brazos, acariñando o cruel mundo no que lle tocara vivir, ansiaba un pouco de paz. Esa tranquilidade que lembraba vagamente da nenez. Entón decatouse de que para iso tería que atoparse se novo. Baixou a mirada e comezou a camiñar observando cada un dos seus pasos. Os que dera, os que daba. Pode que os que daría a achegasen un pouco máis a resolver o quebracabezas no que se convertera.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s