A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

A teimosía dunha hedra

Deixar un comentario

hedra trepadoraNon sabía por que, mais sempre se aferraba ás persoas coma unha hedra que, con insistencia, se apega a unha parede malia ser cortada unha e outra vez. A súa esperanza convertérase nunha feble lapa, desas que arden trementes pero con persistencia. Pode que se volvera unha minúscula bolboreta destinada a queimarse.

Destinada non. Alén da súa teimosía, esa que faría que rematase nunha fogueira, non había unha chamada que a empuxase a ir cara ningures. “Que sexa en inverno, así  estarei quentiña…” Había quen pensaba que era unha loita resignada, sen ganas. Pero todos se equivocaban. Só agardaba o veredicto das súas pantasmas.

Esas pantasmas que ben a arrincarían do muro ou lle deixarían engulilo… Ou o learían todo para cortarlle as raíces a medias para que volveran medrar mentres elas rían. Mirábaas entre suspiros e xogos de dedos. Quen dicía que era unha muller tranquila, forte e valente?

Ata que ao fin erguían as súas baleiras olladas e, con arrogante seriedade, empurrábana cun: adiante adiante, a que agardas?

Iso mesmo se preguntaba ela: a que agardas?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s