A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

O marabilloso mundo de Ilusionaria (III)

Deixar un comentario

10622857_1519159028321236_1196163937790329364_n

Árbore feita polos rapaces que van á Fundación Babhel

A corredoira semellaba máis o corredor dunha casa malia que, en realidade, era unha fraga. A un lado erguíase un colgadoiro que a observaba de esguello, cun reproche moi mal disimulado. Saleta deu un paso cara atrás. Miráronse ata que, case podería xurar, o moble sufriu unha carraspeira impaciente.

Con receo quitou a chaqueta e pousouna con coidado nun dos seus brazos de madeira. O colgadoiro, moi digno, retirouse a un segundo plano agarrando con celo a chaqueta e rosmando pola falta de confianza, coma se el fora deixar que alguén lla roubara, mentres ela agradecía moi moi baixiño por temor a molestalo máis. Parecía tan sensible…

A fraga semellaba fría e húmida, pero cando por fin deu o paso para internarse nela resultoulle estrañamente cálida e reconfortante coma un día de verán, ou unha noite de inverno baixo as mantas.

Camiñaba tranquila, sen pensar nada, esquecéndose de todo, ata de si mesma. De súpeto decatouse de que ao seu redor a foresta se mesturaba con curiosas habitacións. Non puido evitar que os pés a levaran á primeira. Aínda non pousara a deda no seu interior cando regresou á infancia por sorpresa. Unhas cadeiras de cores semellaban agardala nerviosas e murmuraban para que sentase un anaco xunto elas. Hipnotizada, non puido negarse e, de súpeto, viuse sentada, abaneando as pernas, que non lle chegaban ao chan.

Cadeiras pintadas en Babhel

Cadeiras pintadas en Babhel

Coma nena que se volvera, os seus ollos voaban dun lado ao outro ata unhas follas que caían como pingas de outono cantando baixiño moi baixiño. Saltou da cadeira para achegarse e así poder oílas ben. Algunhas estaban nunha gaiola de vidro. Coas súas manciñas liberounas e comezaron a voar máis e cada vez máis, envolvéndoa, saltando con elas…

Ata que a amarela treboada se dividiu en ducias de mapas. Non podía crer na súa sorte! Dun brinco podería viaxar a onde quixera! Saltou da montaña de follas e a piques estaba de meterse nun cando un doce recendo chegou ata o seu diminuto nariz.

Tarta feita polos nenos nun campamento organizado por Babhel

Tarta feita polos nenos nun campamento organizado por Babhel

De quen serían todas estas larpeiradas? Levou a lingua aos beizo e buscou baixo as mesas aos cociñeiros de tan delicioso o azucrado manxar. Mais non atopou nin rastro doutras persoas. Onde andaría todo o mundo?

Ao seu redor volveu a oír risos a pesares de que non había ninguén máis ca ela. Ou si? Xa dubidaba de todo. Que mundo máis estraño o de Ilusionaria! Cando saíu da casafraga decatouse de que había unha enorme caixa de correo que poñía, en letras de cores inexistentes: Babhel.

Algo saltou na súa mente. O libro! Os contos! Os debuxos! Os nenos! E mentres se volvía grande de novo as risas a envolveron de novo. Tiña unha misión por cumprir… Mais tería que buscar a alguén máis que a axudara…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s