A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Non haberá volta atrás

2 Comentarios

Ilustración de Wilhem Briceño

“Heart” Ilustración de Wilhem Briceño

Se puidera verse no máis profundo dos seus ollos quizais se atoparía. Pode que recuperara esa parte de si que levaba tanto tempo silenciada. Tanto que nin recordaba por que calara, nin tan sequera que parte dela era.

O mar estaba quedo, expectante. Capturaba cada un dos raios de sol nas pingas do vidro do que estaba formado. Suspendíase no ar creando unha marea alta de lembranzas salgadas e visións inventadas para corazóns que anhelan engulir o mundo coma feras famentas.

Cambiara cada un dos seus razoamentos e argumentos por suspiros e quizais. Por sorrisos e miradas que endexamais descubriría se eran certos ou só espellismos para uns beizos que había demasiado tempo que non probaban burbullas feitas de desexo. Nin de cariño.

O que si lembraba era a ollada petulante da Señora que, dende as alturas, cos beizos tortos pola maldade bisbara: “Ten coidado co que desexas. Non haberá volta atrás”. E ela aceptara. Tola, cega, descoidada, cos beizos torcidos por degoiros que a asfixiaban.

A Raíña de Corazóns non lle cortara a cabeza, sentíaa pesada sobre os seus ombreiros. Porén os pensamentos arremuiñábanse nun vórtice de onde non eran quen de escapar. Se xa non podía facer uso dos razoamentos, para que os quería?

Coma impulsos eléctricos que perderon a conexión, desaparecían entre as ondas aéreas, enredándose nos seus cabelos en nós imposibles de peitear. Electricidade que se desfacía na escura raia coa que marcara a súa mirada. Mirada que se esvaía nas meixelas coma ese lapis negro.

O corazón lograra conquistar o terreo que lle pertencía á mente e aniñou entre os seus caracois disposto a controlar cada un dos seus movementos. Mais a realidade comezaba a rebelarse e, pouco a pouco, decatárase de que tería que arrincalo e devolvelo ao seu sitio, espazo onde cría que podería engaiolalo e silencialo como unha vez fixera.

“Renderse non é de covardes”. E perdíase entre as correntes. “Renderse non é de covardes”. E deixábaa que a afogaran as mareas. “Renderse non é de covardes”, e a lúa crecente empurrouna cara a superficie da noite. Empuxouna a saír e coller aire, a transformar o corazón nunha balsa, non nunha áncora.

Pero ela non quería un bote salvavidas, só quería desfacerse do seu corazón, que as mareiras deixaran de anoarse na súa gorxa. Permitiulle ao choro anegar cada un dos pasos dados. Viu en cada lágrima un soño. Unha ilusión. Un plan. Unha expectativa. Demasiadas expectativas… Cando deixara de ter os pés na terra? En que momento caera nesa corrente que a arrastraba irremediablemente a saber onde…?

Ergueu a súa mirada de vidro. “Non haberá volta atrás”. E desexou, desexou con cada un dos fíos soltos do seu corazón. Filamentos que se transformaron nunha buguina capaz de recoller os lamentos e arelas dos máis cálidos e fríos océanos. O seu corpo feble cubriuse dunha coiraza feita de raios de arcos da vella nocturnos. Non tiña máis elección… Os sentimentos dos que se quería desencadear serían a súa armadura. Deixaría que a area a ocultase ata que alguén, nun ollar descoidado, a atopase para chamar xunto a ela ás mareas. E con cada capa de nácar que a envolvía decatábase de como a Raíña de Corazóns se desfacía como as pegadas que rouban as ondas nas orelas.

NO HABRÁ VUELTA ATRÁS

"Goddess of Love", Ilustración de Wilhem Briceño

“Goddess of Love”, Ilustración de Wilhem Briceño

Si lograra verse en la profundidad de sus ojos quizás se encontraría. Puede que recuperara esa parte de sí misma que llevaba tanto tiempo silenciada. Tanto que ni recordaba por qué había callado, ni siquiera qué parte de sí era.

El mar estaba apacible, expectante. Capturaba cada rayo de sol en las gotas de cristal de las que estaba construido. Suspendido en el cielo, creaba una marea alta de recuerdos salados e imágenes inventadas por corazones que ansían devorar el mundo como fieras hambrientas.

Había substituido cada uno de sus razonamientos y argumentos por suspiros y quizás; por sonrisas y miradas que jamás sabría si eran ciertos o espejismos para unos labios que hacía tiempo que no probaban burbujas hechas de deseo. Ni de cariño.

Lo que sí revivía era la mirada presuntuosa de la Dama que, desde lo alto, con su boca torcida por la maldad le había susurrado: “Cuidado con lo que deseas. No habrá vuelta atrás.” Aún así, ella había aceptado. Loca, ciega, distraída, con los labios curvados por deseos que la asfixiaban.

La Reina de Corazones no le había cortado la cabeza. La sentía, pesada, sobre sus hombros. Sin embargo, los pensamientos se arremolinaban en un torbellino del cual no era capaz de escapar. Si ya no podía hacer uso de sus pensamientos, ¿para qué los quería?

Como impulsos eléctricos que han perdido su conexión, desaparecían entre las ondas aéreas enredándose en sus cabellos en nudos imposibles de deshacer. Electricidad que desaparecía en la oscura raya con la que había marcado su mirada. Mirada que se desvanecía en las mejillas como ese lápiz negro.

El corazón había logrado conquistar el territorio que le pertenecía a la mente, anidando en sus rizos con la intención de controlar cada uno de sus movimientos. Pero la realidad había comenzado a rebelarse y, lentamente, había comprendido que tendría que arrancarlo y devolverlo a su lugar. Espacio en el cual creía ser capaz de enjaularlo y silenciarlo como ya lo había hecho en el pasado.

“Rendirse no es de cobardes”. Se perdió en la corriente. “Rendirse no es de cobardes”. Permitió a las mareas ahogarla. “Rendirse no es de cobardes”, y la luna creciente la impulsó hacia la superficie de la noche. La empujó a coger aire, a transformar el corazón en una balsa, no en un ancla.

Pero ella no quería un bote salvavidas, sólo quería deshacerse de su corazón, que las mareas vivas ya no se anudaran en su garganta. Permitió a su llorar inundar cada uno de los pasos dados. Vio en cada lágrima un sueño. Una ilusión. Un plan. Una expectativa. Demasiadas expectativas… ¿Cuándo había dejado de tener los pies en la tierra? ¿En qué momento se había dejado arrastrar por la corriente sin saber hacia dónde?

Levantó su mirada de vidrio. “No habrá vuelta atrás”. Y deseó, deseó con cada uno de los hilos sueltos de su corazón. Hebras que se transformaron en una caracola capaz de absorber los lamentos y anhelos de los más cálidos y fríos océanos. Su delicado cuerpo se cubrió de una coraza hecha de rayos de arco iris nocturnos. No tenía otra elección… Los sentimientos de los que se quería separar serían su armadura. Permitiría que la arena la enterrase hasta que alguien, en una mirada distraída, la encontrase para llamar con ella a las mareas. Y con cada capa de nácar que la envolvía era más consciente de cómo la Reina de Corazones se deshacía como las huellas que roban las olas en las playas.

Advertisements

2 thoughts on “Non haberá volta atrás

  1. Es un relato inmenso. Lleno de magia y con frases que te hacen visualizar un mundo diferente. La manera de contar es poética y a la vez tiene un toque realista que te hace pensar. Me encanto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s