A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Todas as caras dunha pinga

Deixar un comentario

pingasMiles de pingas repenican na fiestra. E tras cada unha delas un reflexo. Soños, medos. Certezas, dúbidas. Emocións que percorren o cristal como bágoas que buscan o seu camiño.

Un suspiro abafou o vidro. Case teño ganas de deixar nel unha mensaxe, mais, por unha vez non teño palabras que expresen como me sinto. Será porque non o teño moi claro nin eu. Atoparán as pingas o seu lugar? Semellan pezas do quebracabezas no que me transformei.

Sinto como me miran. Distorsionada, coma se non fose eu. Ou pode que alguna delas sexa a imaxe máis real de min mesma. Mais, cal…? Os meus ollos percorren cada unha, mergullándome en imaxes que non comprendo mentres o tempo ri baixiño.

Algunhas desfanse antes de que chegue a elas. Cantas veces terei rachado antes de que alguén se achegase a min? Desespéranme, danme ganas de agarrar un pano e transformalas en estelas imposibles de seguir. Camiños feitos de eus diminutas. Entón tería que escoller… Elixir outra vez…

Supoño que borrarse non é tan doado. Ademais, se as observo con coidado case as podo sentir vibrar, bailar… coma se cada unha delas puidera latexar. Entón cantos corazóns se supón que teño? Convertelos a todos en xeo non será doado… Non hai opción, un a un, como quen cose unha pel ferida, terei…

Por que non podo? Por que non me deixan chorar con elas? Nin rir? Por que teñen que ser coma océanos pechados nun acuario? Ás veces a decisión correcta é a que cremos que máis doe. Non é doado transformarse. Pregúntome se esas pingas terán tamén medo a converterse en río e logo en mar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s