A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Reflexión dunha bruxa novata (I)

Deixar un comentario

Sombreiro de andar por casa dunha bruxaCreo que me descubriron… Podo velo no máis profundo do seu iris: é como unha desconfianza agochada nas sombras que separan a cor da negra pupila… Mais como? Como o fixeron? Como o lograron? Non son quen de comprendelo…

Pensa, pensa… bruxa inexperta… Deixei as arañas na casa, levalas sería de mal gusto e seguro que lles daban un pouco de noxo (que poucos saben gozar da súa arte, miñas pobres artesás incomprendidas!). E por riba logo tiven que aguantar o seu enfado… unha semana de bicos dos mosquitos… Non soporto os mosquitos…

Bruxa despistada! Non te desvíes! Lembra… que levabas posto? Non… nada negro, nada escuro… toda moi alegre eu… Demos dádeme paciencia…! Nin tan sequera usei ese ton verde que tan ben me senta e tan acorde aos mofos dos días de humidade, choiva, tempestades, neves, chuviñadas… e demais efectos e afectos meteorolóxicos.

Soltei os meus cabelos para darme un ar de boa, total, non iamos facer apócemas, quizais algún esconxuro camuflado… pero en todo caso nada no que meter as miñas guedellas (hai que ter coidado con esas cousas non se vaian volver as beberaxes en contra dunha, que tampouco é cuestión). Cortei as unllas, as miñas fermosas unllas negras que tanto me custa deixar largas e pintar… O que ten unha que facer para disimular… Pero quen me manda meterme nestas leas enrevesadas?

Xa estou divagando outra vez, céntrate querida bruxa descoidada! Deixei o meu sombreiro na casa, o meu precioso sombreiro de encaixe… Que demos! Ata deixei o pucho de la, o de augas, todos… non fora ser que lles dera unha pista… O paraugas non, leveino, tampouco é cuestión de poñerse pingando pola causa. Ademais, o raro sería non telo…

Ata collín o tren!! Maldición!!! Co rápido que se chega na vasoira último modelo equipada contra choiva e vento! Iso si, moito lin entre viaxe e viaxe… Porque claro, teño que ir ben esperta non vaia ser que chegue a unha parada que non é a miña…

Non darlle máis voltas… Terei que coarme nas súas cabezas a ver que deuses do inferno pasa! En fin, vou preparar o meu bolso se fondo, non podo esquecer as notas, os cadernos, os bolis, fotocopias… Sobre todo, nota mental: que non se me esqueza o espello!

P.D.: Hoxe volvo a Pontevedra, intentarei, procurarei, poñerei a miña mente en ser unha bruxa boa muahahahaha! Digo hihihihihihi. (Olliños de nena boa, e pestanexo inocente)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s