A cova do lobo

O lugar onde as árbores soñan con ser paxaros

Reflexión dunha bruxa novata (II)

Deixar un comentario

zapatos máxicosNada que non podo… nin bruxa boa nin demos encebolados… Son demasiado amiga da tentación, e cando os vin aí, eses xeroglíficos estraños pintados con xiz caín… Deume igual que fora o primeiro día. Máis emoción! Non me importou a insistencia dos seres amables que pululan polo espazo e que querían desfacer a maldición do encerado. Non! Son demasiado cacholana! E non podía negarme a tamaño reto.

Dirán de min, pero a culpa toda téñena as nenas que andan esparexendo a súa arte por aí, agardando a que algún incauto se apodere dos seus caracoiselefantes, gaivotaspombasespíritos, serpes cun axóuxere pintado e, no medio de tanto barullo, unha bruxiña, digo unha nena. (Aí hai canteira que si que si… vino en cada trazo.)

E aló foron os meus meigallos coidadosamente preparados, os meus medos a asustalos o primeiro día. (O certo é que meus queridos e queridas poden chegar a ser máis escuros ca min… Interesante… Non saben onde se meteron). Ata se atreveron a retarme!! Coitados… Non saben o que lles espera… Andan tentando a quen non deben…

Mais teño que disimular! Sorriso. Son un enchente de sorrisos, (bruxa mentireira que ben o pasas!) de bromas, de tranquilidade, de non pasa nada… Inda así non me deixo enganar por nervios, mans e voces trementes. Son demasiado implacable e non hai miradas de súplicas que poidan comigo! Adozar o comezo… Ha! A quen se lle ocorre? Mentir si… Pero ata un punto, tampouco hai que tolear. E aquí vénse a sufrir! Digo a pasalo ben! (Bruxa cruel non te pases coa sinceridade).

Pero teño que andar con coidado e non excederme en amabilidades… que logo chegan tarde e os deberes a última hora! E por riba non poderei transformalos nin en reloxo nin en axenda nin nada que marque o tempo, ou acusaranme de bruxa! A non ser que non descubran que son eu… Podería botarlle a culpa a outra calquera, facerme a desgustada, a inocente… Si… estouno vendo. Aumentaría a miña colección de tempo… Volve a terra bruxa ilusionada! Coleccionar tempos é duro… Porque entre os momentos hainos bos e malos, alegres e tristes, divertidos e aburridos… e cando coleccionas historias podes escoller ata un punto…

Que non que non! Bruxa rara! Que non os convertas nin en historias nin en tempo que logo a ver quen as recolecta para ti! E tes unha boa colleita semanal… Iso non llo podes negar… Teñen o seu mérito… Aguantar as miñas excentricidades non vale para calquera.

En fin… Vou prepararme, que teño que ir concienciada de que son un ser bo (que duro é mentir…!) e corrixir os deberes de todos, digo de case todos.

P.D.: Tarde… no camiño a Pontevedra, entre bolis vermellos, decidirei o castigo ante tal impuntualidade! Digo, ante tanto aprecio ao último momento!! Non sei se reducir os tempos entre o comezo e o final dos seus textos sen que se decaten… Muahahahahaha!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s